Saturday 04 de May de 2024

A IV Malla do Seixidal foi todo un éxito unha gran asistencia


• O evento pon en valor a tradición histórica do municipio

• O alcalde, Juan Alonso, destacou que “É importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura do municipio”.

A Malla no Seixidal volve a consolidarse como un dos eventos tradicionais máis destacados no Concello das Somozas, reunindo unha gran cantidade de asistentes para recrear a malla.

Esta clase de eventos son moi importantes para un municipio de carácter rural como As Somozas, no que as festas tradicionais cobran unha gran importancia.

Esta é a súa IV edición despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.

O alcalde, Juan Alonso, destacou que “É importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura do municipio”.

O rexedor quixo destacar “a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas todos os anos, favorecendo o sentimento de pertenza á comunidade e fortalecendo os lazos entre eles”.